Os muíños de Abaixo ou do Agro e o Muíño de Xaime, de Arriba ou de Casais foron restaurados por un Obradoiro de emprego no ano cincuenta e dous. Non so restauraron os muíños, senón que tamén se encargaron da rexeneración medioambiental do entorno, acondicionando o camiño da ribeira do río e un merendeiro onde poderemos ver unha vexetación bastante variada.
Atopámonos na beira do río Coroño, un dos 4 ríos que percorren as terras do concello de Boiro, Coroño, Brea, Beluso e Breiro.
Existen na ribeira destes 4 ríos, máis de cento vinte muíños catalogados, cincuenta e dous dos cales se atopan neste mesmo río, o Coroño.
Ante nós temos dous deses cincuenta e dous muíños, o Muíño de Arriba ou de Xaime ou de Casais e o Muíño de Abaixo ou do Agro.
A función dos muíños era a de moer o millo co que posteriormente se elaboraría o pan.
Foi a partir de mil catrocentos noventa e dous co descubrimento de América, cando os muíños comezaron a moer millo, posto que anteriormente o que neles se moia era o “mijo”.
Os muíños viviron a súa época dourada durante a Idade Media, xa que daquela estiveron en auxe, o que levou a que se construíra un gran número deles, moitos dos cales aínda seguen en pé na actualidade. Esta era dourada dos muíños durou ata principios do siglo vinte.
Pero con todo os Muíños non sempre foron tal e como os vedes agora. Ó longo da historia estes foron evolucionando en canto a súa forma, o seu mecanismo e o seu funcionamento.
Información
ACCESIBILIDADE: Non practicable para personas con movilidade reducida. ACCESO: Desde Avda. Compostela e Ponte Goiáns (AC-305)