Antigas tradicións cristiás, reformadas por textos medievais, aseguraron que despois do martirio, algúns discípulos de Santiago recolleron o seu corpo decapitado e que o trasladaron a través de todo o Mediterráneo e da costa atlántica ibérica ata Iria Flavia, nas proximidades da actual vila de Padrón. Fixeron a travesía na célebre “barca de pedra”, que quizais sería unha das naves preparadas para o transporte de minerais que unían Galicia con outras zonas do Imperio Romano. Hoxe en día, na igrexa de Santiago de Padrón consérvase o Pedrón. A tradición conta que nesa pedra amarrouse a barca do Apóstolo despois da longa viaxe.
A conmemoración anual da Traslatio a través da ría de Arousa, promovida pola Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Río Ulla, realízase a finais de xullo.
Información
DESCRICIÓN: Ruta marítimo-fluvial pola Ría de Arousa e o Río Ulla que conmemora a chegada a Galicia por mar, do corpo do Apóstolo Santiago e que evoca a Traslatio. Este itinerario comeza na entrada da ría de Arousa e finaliza en Padrón.
LUGAR DE REALIZACIÓN: Consultar coa empresa organizadora no punto de saída.