

É a praia urbana de Boiro. É unha praia con augas tranquilas e unha suave pendente, que se estende desde o areal de Barraña-Saltiño ata o esteiro do río Coroño. É a pioneira do turismo no municipio de Boiro.
Un paseo de 3 kilometros de lonxitude percorre estes dous areais, onde atopamos unha interesante infraestructura deportiva e de lecer: parque biosaludable, carril-bici, campos de fútbol e voleibol - praia, área de adestramento e parques infantís.
Na liña de paseo atoparás varios restaurantes e grellas, un camping e unha zona para autocaravanas.
Baños, duchas, puntos de reciclaxe nas entradas, paseo marítimo, servizo de limpeza, paseo de acceso, área de picnic, bosques de piñeiros e aparcadoiro.